Volve a campaña "Galicia sabe amar" ao concello da Guarda esta fin de semana
Venres 4 e sábado 5 de maio durante a mañá de 11:30 a 14:00 e na quenda de tarde entre ás 18:00 a 21:00h
Despois da primeira visita na primavera, a furgoneta da Campaña "Galicia sabe amar" repite no noso concello e veciños e visitantes poderán degustar os petiscos elaborados con produtos certificados galegos destacando así a gran variedade e calidade dos mesmos. Ademais de por en valor o traballo dos nosos profesionais do mar e da terra.
Esta segunda visita será os días venres 4 e sábado 5 de maio e a furgoneta estará instalada na Praza de Avelino Vicente (As de Copas) ofrecendo os petiscos gratuítos a todos aqueles que se acheguen nas horas da degustación, durante a mañá de 11h30 a 14h00 e na quenda de tarde entre ás 18h00 a 21h00.
"Galicia sabe amar" é unha campaña da Xunta para animar á cidadanía a consumir produtos do mar a través de petiscos mesturados coa retranca galega e os dobres sentidos.
Esta iniciativa conta con 4 furgonetas que están a percorrer 260 municipios de España vencellados ao Camino de Santiago. Máis info da campaña nesta web.