Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Iluminación

Renovada a iluminación do campo de fútbol de Guillarei con tecnoloxía Led

O Concello de Tui investiu 4.500€ de fondos propios nesta actuación

O Campo Municipal de Fútbol “A Gándara” de Guillarei conta con novo sistema de iluminación. O Concello de Tui vén de investir 4.500 € de fondos propios para a renovación das torretas de iluminación e o cambio a tecnoloxía led das luminarias. Deste xeito o Concello de Tui segue apostando pola mellora das instalacións deportivas municipais para que reúnan as condicións máis axeitadas para a práctica deportiva.

Así en concreto no campo da Gándara, ante o mal estado das torretas estas foron substituídas por unhas novas. As novas torres de iluminación e as luminarias LED proporcionan unha iluminación máis potente, uniforme e eficiente enerxeticamente. Amais a tecnoloxía LED permite un maior aforro de enerxía en comparación coas luminarias convencionais, reducindo así o impacto ambiental.

O concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, sinala que este investimento reflicte o compromiso do Concello co deporte mellorando  as condicións das distintas instalacións para a práctica deportiva.