O Club Náutico de Galicia de Castrelo de Miño acollerá a Copa Deputación de Windsurf
A Ría do Ribeiro, Mar de Ourense albergará catro modalidades deportivas
Máis de 30 regatistas pertenecientes a 7 clubs de toda Galicia. As modalidades deportivas nas que disputarán as diferentes probas serán as de ´´ Formula Foil´´,
´´Raceboard´´, ´´Techino 293´´ e ´´Escuela¨. As probas disputaranse o venres 18 de agosto a partir das 18:30 horas e o sábado, día 19 de agosto, a partir das 13:00 horas,
se o vento acompaña. A entrega de premios está prevista para o sábado ás 21:00 horas.
Por primeira vez disputarase o Campionato Galego de Formula Foil en Castrelo de Miño, coa participación de 11 deportistas entre os que destacan, a regatista do C.N.
Castrelo de Miño, Enar Cibreiro, Juan Vieito, Nacho Fernández e Lucas Maceiras do RCN Rodeira de Cangas,Nicolás Blanco, do CN de Castrelo de Mño, sen esquencer
os máis veteranos, Juan Parada ou Fran Robleda.
En Raceboard o nivel tamén será alto ao contar coa presenza do subcampión mundial 2023, Jorge Manuel, do CV Praia de Oza. En Techno 293 estarán os mellores da
canteira galega e nacional como Lidia Pousa, do CN de Cangas, que vén de participar no campionato do mundo sub 15.