A Xunta licita os primeiros proxectos do parque empresarial de Coristanco
As empresas poden presentar proxectos ata o 20 de setembro
Coristanco
A Xunta de Galicia, a través de Xestur, vén de licitar por máis de 172.000 euros dous proxectos para comenzar a tramitación do parque empresarial de Coristanco. A intención é contratar a redacción do proxecto de desenvolvemento e urbanización da primeira fase do polígono por 96.000 euros. Tamén licita o proxecto de expropiación de terreos, bens e dereitos afectados polo polígono cun orzamento de 76.000 euros. As empresas poderán presentar os seus proxectos ata o 20 de setembro e posteriormente terán un prazo de 12 meses para redactar os proxectos.