Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

A Federación de Anpas da Costa da Morte califica como "nefasto" o inicio de curso

Reducción de aulas e profesorado compartido principais denuncias

Colexio de Camelle, no concello de Camariñas / Cedida

Colexio de Camelle, no concello de Camariñas

Costda da Morte

O inicio do curso escolar está lonxe de ser tranquilo na Costa da Morte Así o consideran as ANPAS da bisbarra. A reducción de profesorado e o feito de que a cinco días do arranque do curso haxa aulas e centros que inda están pendentes de conrfirmar se terán actividade, levan a esa conclusión ás familias. "As previsións son nefastas. Non é de ilusión como debería ser o inicio do cole porque estamos sometidos aos recortes e sen trazas de mellorar" declaraba no Vivindo a Costa da Morte Maica Cacheiro, presidenta da Federación de Anpas da bisbarra.

A reducción de alumnado non redunda na mellora das ratios de profesorado e un curso máis haberá mestres impartindo clases en dous centros diferentes, unha situación que resta calidade ao ensino xa que as horas de desprazamento computan como horario laboral. "O problema é que a consellería interpreta que isto é un gasto, non un investimento. Se teño que ir de Mazaricos a Dumbría, eses 15 minutos de viaxe se reducen dos 50 minutos da clase" denuncian dende a Federación. Situacións similares nas que están especialistas de audición e linguaxe xa que o seu traballo "debe ser algo constante e se só tes posibilidade de traballar co cativo un día a semana, cando chega o seguinte día xa non se acordan do feito a semana anterior" explican.

A falta de cinco días para o comenzo do curso hai centros onde inda non coñecen se vai a haber actividade este ano. En Carnés (Vimianzo) as familias buscan contrarreloxo un neno ou nena que permita salvar a escola, unha situación similar a que afrontan no San Luis Romero de Carballo, onde están á procura doutro neno ou nena para manter unha terceira unidade de infantil. "Iso é un despropósito. Iso non é pensar na educación. As familias non poden estar con esa presión porque ademais non nos corresponde a nós iso. O que hai que facer é un plano específico para o rural galego, que ten as súas características específicas" denuncia Maica Cacheiro.

Dende a Federación de ANPAS da Costa da Morte consideran que as familias vanse atopar cos recortes de profesorado este luns cando constaten que nos seus centros faltan mestres. A movilización comenza en A Laracha dous centros, o Agra de Leborís e o Ramón Otero Pedrayo non van a iniciar o curso en protesta polos recortes en profesorado, así como de profesionais de Audición e Linguaxe e Pedagoxía Terapéutica.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00