A Xunta subvenciona a oito restaurantes da bisbarra
Son 144.000 euros para mellorar as instalacións ou renovar mobiliario

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, no Semáforo de Fisterra

Costa da Morte
O delegado da Xunta de Galicia, Gonzalo Trenor, visitou hoxe O Semáforo de Fisterra, un dos locais beneficiados polas axudas da Axencia de Turismo de Galicia. As subvencións están destinadas á mellora das instalacións e suman un total de 144.000 euros, entrando no reparto oito establecementos hosteleiros da bisbarra, catro en Fisterra e dous en Cee e Carballo.
Os beneficiados polas axudas en Carballo son o Balneario (19.982 euros) e o Río Sil con (25.000 euros). En Cee reciben a subvención as Cabañas de Lires (10.734) e o Hotel La Marina (34.267) e en Fisterra O Centolo (12.136), O Semáforo (17.470), La Bayonnaise (14.386) e O Fragón con 10.421




