Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

Ponteceso, un concello incapaz de colaborar coas festas

Para José Manuel Mato "é un despropósito económico que vén de anos atrás" e hipoteca ao goberno local

O Concello de Ponteceso vive unha delicada situación económica / Google Maps

O Concello de Ponteceso vive unha delicada situación económica

Ponteceso

O Concello de Ponteceso pechou a billa dos cartos. Un exercicio de austeridade ao que se ve abocado pola falta de fondos. O seu alcalde, José Manuel Mato, explicaba esta mañán no Vivindo a Costa da Morte a difícil situación financieira que afrontan ata final de ano, con partidas orzamentarias xa gastadas. "Facemos modificativos de crédito, énchense partidas que estaban esgotadas... pero hai gastos que non podemos asumir. Non podemos asumir o que non podemos pagar" confesaba nos micrófonos de Radio Nordés.

Esa delicada situación económica orixínase, en opinión do alcalde, ao non terse respetado o orzamento e logo de saltar os criterios técnicos da Intervención, unha herdanza que procede de mandatos anteriores. O desexo de José Manuel Mato é abrir unha nova etapa na que os gastos se piodan afrontar co respaldo da correspondente partida orzamentaria. "Non lle podemos deber aos autónomos e iso o está a facer o meu goberno. Non pagamos porque non podemos pagar. Non pode haber un presuposto e saltalo, facer obras sen ter reserva de crédito, encargar un alumeado de Nadal e non ter os cartos" explicou na Cadena SER.

A falta de fondos é a que provocou que, dende a chegada á alcaldía, non pudiesen "colaborar coas comisións de festas porque non podemos saltar á Intervención". O rexedor é consciente de que a súa imaxe como equipo de goberno "está deteriorada pero no podemos facer que as comisións de festas entren en gastos e non aboarllos. As partidas estaban esgotadas" explica Mato.

A situación non terá solución ata que abran un ciclo económico coa elaboración dun novo orzamento. "Cando elaboremos o presuposto todas as comisións e equipos deportivos terán o seu protagonismo pero sempre sendo algo que perdure e sexa sostible. Non podemos dar bandazos". Por iso o desexo do rexedor é crear uns criterios obxectivos que permitan, tanto a comisións de festas como a clubes deportivos, coñecer e determinar con antelación cal será o apoio económico que lles prestará o concello. José Manuel Mato quere crear un baremo con criterios obxectivos para que o feito de recibir unha subvención non dependa de "que lle caigas ben ou mal ao alcalde". Un sistema que artellarán "consultando á Intervención do concello. O despropósito económico vén de anos atrás e porque a figura do interventor non se respeta".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00