Actualidad

Lugo acolle a sexta edición do Circuíto Galego de Teatro Amador

As representacións teran lugar na segunda quincena de setembro, con entrada libre

Rubén Arroxo, tenente de alcaldesa, e a actriz Tareixa Castro, na presentación do Circuito Galego de Teatro Amador

A sexta edición do Ciclo Galego de Teatro Amador, organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa área de Cultura do Concello de Lugo e coa consellería de Cultura traerá de novo a Lugo a distintas compañías de teatro afeccionado para representar as súas últimas obras no Auditorio Municipal. O ciclo contará con catro representacións teatrais para todos os públicos, representadas por catro compañías diferentes de toda Galicia, que se levarán a cabo durante entre o 16 e o 30 de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire.

As representacións desta edición son as seguintes:

·         16 de setembro ás 20:30 –Microtirulos, de Tiruleque Teatro

·         17 de setembro ás 18:30 – A Liorta, de Avelaíña Teatro

·         24 de setembro ás 18:30 – Camiños e Carreiros, de Andaravía Teatro

·         30 de setembro ás 20:30 – O Randiña, de Pico do Castro

Todas as representacións están destinadas a públicos de todas as idades. A entrada será libre ata completar a cabida do auditorio

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
  •  
Ver todos los boletines
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00