Francisco Castro: "Síbaris é unha comedia cun humor moi intelixente como era Domingo Villar"
Chega as librarías a obra de teatro póstuma do escritor vigués
Entrevista a Francisco Castro sobre la obra póstuma de Domingo Villar
Vigo
"O único que busco é que no patio de butacas o pasen ben". Isto díxolle Domingo Villar a Inma López Silva sobre o que buscaba con Síbaris. Esta obra de teatro que creou o escritor vigués e que se converteu na súa obra póstuma, despois da súa tráxica morte hai ano e medio. A Editorial Galaxia publica Síbaris que chega este mércores 13 de setembro ás librarías de toda Galicia. Unha gran noticia editorial, moi emotiva para os milleiros e milleiros de seguidores de Domingo Villar, que terá ademáis unha segunda parte a finais de mes. Carlos Blanco estreará en Vigo o día 30 de setembro a obra de teatro. Co director xeral de Galicia, Francisco Castro, charlamos en Hoy por Hoy Vigo.