Sociedad

A Romaxe de Crentes Galegos celebrarase na Limia coa axuda do CDR O Viso

Falamos en Hoy por Hoy a Limia co voceiro desta entidade, Antonio Corbal e tamén con Camilo Vila sobre as Olimpiadas Rurais

Entrevista a Camilo Vila e Antonio Corbal en Hoy por Hoy Limia

12:46

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1694623013993/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Limia

Fai uns días relizáronse as Olimpíadas Rurais Interpobos en Xinzo de Limia. Unhas xornadas que xa van pola súa segunda edición e das que a organización fai un balance moi positivo. Camilo Vila confirma que “os veciños e veciñas pasan o día en comunidade. Haberá terceira edición porque foi xenial e o apoio foi moi grande”.

Estas Olimpíadas están organizadas polo colectivo Ras e tamén polo CDR O Viso, entidade que tamén visitamos hoxe en Hoy por Hoy a Limia para coñecer os programas que continúan en marcha e tamén o que supón acoller a Romaxe de Crentes Galegos. Segundo o voceiro do CDR, Antonio Corbal “A comezos de xullo chamáronnos para falarnos da posibilidade de que a Romaxe de 2024 se celebre no noso territorio e sexamos nós, o CDR,  a organización que posibilite a realización aquí”. Será o segundo sábado de setembro.

A Romaxe constitúe unha nova oportunidade para facer comunidade, tal e como nos contou Corbal que subliña “a espiritualidade como forza interna que nos dinamiza”.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00