As Xingras da Arca actuarán no XurésSon o último sábado de setembro
A educadora social Marta Joga imparte aulas de pandeireta ás crianzas na Arca da Noe
Entrevista con Marta Joga, que imparte pandeireta na Arca da Noe
A Limia
Entre seis e dez crianzas aprenden a tocar a pandeireta da man de Marta Joga na Arca da Noe. Aprenden con xogos musicais, as bases de cada ritmo e pouco a pouco vai incrementando a dificultade. Desta experiencia resultan xa concertos, a participación o 30 de setembro en Lobios no Festival XurésSon.
Marta fala con moita ilusión das Xingras da Arca, "un proxecto educativo e musical que trata de dar continuidade aos valores da Arca da Noe: posta en valor do rural, a interxeracionalidade e a igualdade", subliña esta educadora social limiá.
As Xingras da Arca son "Semente de Revolución", e así o amosa o fermoso tema que leva este nome, unha idea que "partiu da Noe, pois durante a pandemia quería manter a oferta cultural e así propuxo que diferentes artistas que pasan pola Arca se xuntaran para facer algo especial". Joga goza moito vendo como desfrutan da música as súas alumnas.
Hoxe entrevistamos en Hoy por Hoy a Limia a Marta Joga, responsable do grupo de pandeiretas de crianzas na Arca da Noe. O curso de pandeireta para crianzas na Arca da Noe, en Vilar de Santos, comeza en outubro