Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Informe Ardán calibra a capacidade económica da bisbarra

Elaborado anualmente pola Zona Franca de Vigo, valora e posiciona a máis de 27.000 empresas galegas

Polígono de Bértoa, en Carballo

Polígono de Bértoa, en Carballo

Costa da Morte

O informe Ardán 2023 xa está na rúa. Este estudo económico elaborado polo Consorcio Zona Franca de Vigo, establece diversas clasificacións sobre as capacidades das empresas galegas, constituíndose como un indicador fiable da saúde empresarial e industrial do país. A continuación desglosamos e explicamos as clasificacións do informe e as empresas das bisbarra presentes en cada un deles

Fortaleza Financieira

Para a elaboración deste listado tense en conta a obtención de beneficios e o reparto dos mesmos. Factores como a autonomía financieira, a liquidez ou a solvencia son tidos en conta para realizar a clasificación. Neste apartado só figuran dúas empresas da bisbarra inda que ben posicionadas.

6º. Agrosoneira (Materias primas agrícolas e alimentación animal ) Vimianzo

77º .Garaysa (Instalacións eléctricas) Carballo

Por comarcas, a Costa da Morte non figura entre as dez primeiras de Galicia neste apartado de "fortaleza financieira"

Empresas Gacela

Considéranse así aquelas empresas que xeran emprego, crean novos produtos ou consiguen rendabilidade económica superior ao resto de empresas) É unha das clasificacións onde a bisbarra sae máis representada, ocupando a comarca de Bergantiños a sétima posición, por diante de territorios coma o Barbanza, Ferrol ou O Salnés.

6º. Aper Seguridad (Actividades de seguridade) Carballo

65º. Carpintería Metálica Cabana (Carpintería metálica) Cabana de Bergantiños

111º. Covisan Norte, SL (Construción de edificios) Carballo

128º. Derivados del Monte, SL (Produtos de madiera, cortiza...) Vimianzo

131º. Digal Noroeste, SL (Revestimentos de chans e paredes) Carballo

148º. Electricidad y Comunicaciones del Noroeste, SL (Intalacións eléctricas) Carballo

160º. Estación de Servicio Carvolta, SL (Estación de Servizo) Carballo

165º. Excavaciones Mariñanas, SL (Preparación de terreos) Carballo

170º. F.M.Motor, SC (Mantemento e reparación de vehículos) Cee

196º. Gasóleos Laracha (Minoristas de combustibles para uso doméstico) A Laracha

203º. Granxa Pazos (Explotación de gando bovino) Mazaricos

218º. Grupo Prisma Obras y Mantenimiento, SL (Construción edificios) Carballo

239º. Innova Efficiency, SL (Maioristas produtos químicos) Vimianzo

256º. Inxenia Gestión Proyecto Obra, SL (Costrución edificios) Carballo

293º. Martínez-Dans Innovaciones, SL (Carpintería metálica) Carballo

325º. Nova Kemio Konstrua, SL (Materiais de construción) Carballo

404º. Servicios Electromecánicos Windytec, SL (Instalacións eléctricas) Cabana de Bergantiños

415º. Socomarey, SL (Construción edificios) Carballo

442º. Trans Rodyal, SL (Transportes por estrada) Mazaricos

449º. Tuberías Barcia, SL (Produtos de plástico) A Laracha

463º. Voladuras y Transportes Blanco, SL (Demolicións) Carballo

Alto Rendemento

Nesta clasificación figuran as empresas que destacan polas súa eficiencia, compañías que xeran vantaxes competitivas ou nas que salienta a captación de clientes. Xunto coas "Gacela" é outro apartado no que destaca a Costa da Morte, figurando a comarca de Bergantiños no oitavo posto na clasificación por comarcas galegas, adiantando a outras como Ferrol ou Betanzos.

50º. Boca Moraleja, SL (Restaurantes) Carballo

57º. Cadarpe RYC, SL (Minorista) Carballo

60º. Calvo Envases, SLU (Fabricación de produtos metálicos) Carballo

96º. Costumes Gastronómicos de Galicia, SL (Panadaría, pastas...) Carballo

142º. Ethical Services for Animals, SL (Veterinario) Zas

159º. Fismare, SA (Xogos de azar) Cee

173º. Gestión de Residuos Vimianzo, SL (Recollida e xestión de residuos) Vimianzo

274º. Nasolut, SL (Instalación de máquinas e equipos industriais) Carballo

289º. Ocio Neria, SL (transporte, distribución e comercio de enerxía) Cee

303º. Pastelería Forno Novo, SL (Panadaría, pastas...) Malpica

343º. Ruyval Energía, SL (Artículos do fogar) Carballo

345º. San Juan Aislamientos y Embalajes, SL (Fabricación envases) Carballo

365º. Solma Metalúrgica, SL ( Enxeñería mecánica) Carballo

400º. Tooth-Fecut, SL (Maioristas de ferramentas) Carballo

401º. Transjavana, SL (Transporte por estrada) Dumbría

404º. Transportes Marxone, SL (Transporte por estrada) Carballo

429º. Yunque Metalwork, SL (Carpintería metálica) A Laracha

Xeradores de Riqueza

Neste ránquin valórase a xeración de valor e a capacidade para desenrolar actividades de I+D+i. A presenza da bisbarra aquí é testemuñal

105º. Hierros Varela Urbieta, SL (Maioristas de metais) Carballo

151º. Metalber Carpintería Metálica, SL (Carpintería Metálica) Carballo

223º. Tubasys, SL (Fabricación de máquinas de ventilación non doméstica) Carballo

Alta Produtividade

A clasificación valora o valor engadido producido en relación aos empregados da empresa

38º. Edificaciones Aldeola (Construción edificios) Carballo

44º. Explotaciones Forestales Mempa del Bosque, SL (Silvicultura) Ponteceso

62º. Hierros Varela Urbieta, SL (Maioristas de metal) Carballo

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir