La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Formación para maiores

Salvaterra de Miño presenta o programa de cursos para maiores de 65 anos

As actividades ofertadas son pintura, memoria, ximnasia e pilates, e darán comezo na segunda quincena de outubro

O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar os cursos para persoas maiores de 65 anos que se desenvolverán durante os próximos meses. Despois do éxito do pasado curso retómase esta iniciativa de carácter gratuíto con actividades que promoven o envellecemento activo da poboación e que están enfocadas no aprendizaxe sen esquecer o importante que é a socialización.

Cursos para maiores de 65 anos en Salvaterra de Miño

Cursos para maiores de 65 anos en Salvaterra de Miño / Maria de la Calle

Os cursos están dirixidos a aquelas persoas que teñan máis de 65 anos empadroadas en Salvaterra de Miño e darán comezo a segunda quincena de outubro remantando a mediados do mes de xuño. As persoas interesadas poderán optar os seguintes cursos:

  • MEMORIA os xoves de 10:00 a 11:00 ou de 11:00 a 12:00 na Biblioteca Municipal de Salvaterra
  • PINTURA os martes de 16:00 a 17:30 na Casa do Maior de Leirado
  • XIMNASIA os luns de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado
  • PILATES os mércores de 10:00 a 11:00 no Centro Cultural de Leirado

As inscricións darán comezo o luns 25 de setembro e rematan o 9 de outubro. As prazas son limitadas polo que as persoas maiores de 65 interesadas deberán realizar a inscrición no correo comunicacion@concellodesalvaterra.org ou ben no teléfono 629 770 177.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00