O alumnado de Fisterra terá que seguir viaxando de pé no bus para ir ao instituto
A Xunta non reforzará o servizo cun segundo vehículo aínda que isto non encarecería o prezo da concesión
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Ignacio Maestro (22/09/2023)
Costa da Morte
O novo curso empezou con problemas para a mocidade de Fisterra que estuda nos institutos de Cee. O transporte, a primeira hora da mañá, ten maior demanda que oferta e dende o primeiro día e clase quedaron viaxeiros en terra.
Esta situación obriga ás familias a levar persoalmente ao alumnado ate Cee, mesmo o propio goberno local contratou o servizo dun taxi para ir recollendo aos usuarios que quedaban en terra.
As protestas de familias e concello fixeron reaccionar á empresa concesionaria, a solución utilizar un autobús máis grande que permita levar viaxeiros de pé no corredor do vehículo.
Esta opción, aínda que legal, non convence ás familias nin ao goberno municipal. Segundo a alcaldesa, Áurea Domínguez, non se pode permitir que os usuarios viaxen de pé por unha estrada comarcal como a que separa estas dúas localidades polo que continuarán esixindo á Xunta un segundo bus de modo que o servizo teña a calidade e a seguridade que se merece a veciñanza fisterrá.
A opinión dende a Xunta é totalmente a contraria, dando por válida a solución aportada pola empresa. O director xeral de mobilidade, Ignacio Maestro, afirma que é seguro viaxar de pé no corredor do autobús pola estrada comarcal amparándose en que é legal, sen entrar noutras valoracións. Para el se o vehículo está homologado, ten pasada a ITV e non se supera os 80 km/h a lei permite viaxar no corredor do autobús. Dan así por rematada a polémica e dende a consellería a non esixirán que se reforce a ruta con outro vehículo, obviando que as cláusulas concesionais permiten á administración autonómica obriguar á empresa a incrementar nun 10% o servizo sen encarecemento algún para as arcas públicas.
O caso de Fisterra non é o único, os usuarios que habitualmente utulizan o autobús entre a Coruña e Carballo tamén denuncian que isto ocurre con moita frecuencia na liña que vai pola estrada comarcal. Outro dos problemas que máis reclamacións xera esta ruta é co autobús que fai o traxecto pola autoestrada, segundo os propios usuarios, habitualmente énchese deixando xente en terra esperando a seguinte saída deste modo é imposible planificar unha viaxe que dependa dunha hora de chegada concreta. Os usuarios piden un reforzo no servizo xa que non se trata de casos puntuais.




