Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad

Tui promociona o seu medio ambiente polo Día Internacional do Turismo

O río Miño, o Balneario de Caldelas e o Viveiro de Areas son os protagonistas da proposta municipal

NaN:NaN:NaN

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1695664049561/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Tui

O concello de Tui celebra o Día Internacional do Turismo, que se conmemora o mércores 27 de setembro, pondo en marcha unha completa programación que combinará actividades para a cidadanía con actividades para dar visibilidade aos recursos turísticos verdes menos coñecidos. 

As accións previstas comezan o mércores 27 de setembro cun balance dos investimentos verdes previstos para o período 2023-2025 no patrimonio natural e cultural no concello tudense destinados a crear equipamentos e infraestruturas resilientes. O xoves 28 ás 18:00 horas na Sala Félix Rodríguez, no Edificio Francisco Sánchez realizarase unha xornada aberta ao público baixo o título “Oportunidades de Turismo Verde en Tui” destinada a visibilizar exemplos de xestión turística sostible que poden ser exportables. Na mesma terá lugar unha mesa redonda que  contará coa participación de: María Abuín de Máis que Románico; Diego Chapela da Fundación Juan XXIII; Leticia Castro, responsable da marca AWA e presidenta de  Grove Makers; Alberto Romero e Ricardo da Silva Diz da Asociación de Muiñeiros do Río Tripes.

O venres 29 terá lugar a primeira das experiencias turísticas cun paseo musical navegando polo Miño coa artista Lara Villaverde e da man da empresa “Río Miño en Barco”. Contará con tres pases ás 17h, ás 18.00 h e ás 19.00 h e as entradas deben adquirirse na web da propia empresa riominoenbarco.com.  As prazas son limitadas e o prezo desta actividade é de 10 euros.

O sábado 30 haberá unha xornada de portas abertas no histórico Viveiro de Areas onde a cidadanía poderá descubrir o encanto deste lugar con especies arbóreas senlleiras e edificacións  centenarias nas que se desenvolveu unha actividade de investigación forestal de referencia en Galicia. Haberá dous pases, o primeiro ás 11.00 h e o segundo ás 17.00 h da man dos integrantes da Comunidade de Montes en Man Común de Areas. O punto de encontro será no propio viveiro e é preciso inscribirse en turismo@tui.gal para poder asistir xa que as prazas son limitadas.

O día 1 de outubro ás 10.00 h  terá lugar unha experiencia que combina patrimonio natural e cultural mediante un percorrido pola Ribeira do Miño desde a rúa Olímpicos Tudenses ata a histórica parroquia de Caldelas de Tui onde se visitará o Balneario de Caldelas, a Capela do Carme e se realizará unha degustación dun viño de autor. O regreso ao punto de orixe será en tren turístico e para participar neste interesante roteiro de entre 6 e 7 km haberá que inscribirse en turismo@tui.gal. As prazas son limitadas.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00