A United States Lighthouse Society visita os faros Vilán e Fisterra
Os 23 os socios e socias da entidade quedaron abraiados coas paisaxes da Costa da Morte


Costa da Morte
A asociación de amigos dos faros máis grande e coñecida dos Estados Unidos, a United States Lighthouse Society remataron na costa da more o seu percorido por 37 faros do norte de Rspaña.
En Camariñas, divididos en dous grupos, subiron á torre di faro Vilán e, na sala de exposicións, puideron desfrutar dunha presentación sobre o faro, a historia do HMS Serpent e o Cemiterio dos Ingleses e dunha visita ao museo.
Quedaron absolutamente araiados coa paisaxe da Costa da Morte e tamén da historia da nosa costa. O vicepresidente da entidade, Henry I. González, asegurou logo de subir ao vilán que foi “o faro máis magnífico” do seu percorrido pola Costa Cantábrico e “de todos os que visitaron, co que un fareiro se identifica máis, pola torre, pola historia e polo emprazamento”.
Dentro do grupo coñecéronse historias curiosas, como a de Darlene Chisholm, de 77 anos, que visitou co seu marido, falecido antes da viaxe, un total de 4.400 sinais marítimas de todo o mundo, desde o ano 1969. El foi o que lle dixo que fóra forte e non faltara a esta viaxe pola costa Cantábrica.
Tras a visita tivo lugar a recepción institucional, por parte da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes, o xefe de división de mantemento da Autoridade Portuaria da Coruña, Jorge González Martínez, e a presidenta da Asociación de Empresarios e Sector Turístico de Camariñas, Olga Campos.
Sandra Insua salientou que “é unha honra e un privilexio darvos a benvida a Camariñas” e destacou que “estou segura de que acabades de descubrir que a contorna na que se atopa o Faro Vilán o converte nun lugar e nun faro verdadeiramente único e incomparable”. “Desde o seu cumio tivéchedes o privilexio de desfrutar de vistas que moi poucos poden experimentar, un regalo da natureza que nos rodea”, engadiu, explicando que era a segunda vez que ela subía á torre e a primeira que o facían as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes.
“Deséxovos unha boa fin de viaxe en Fisterra e agardo que teñades a oportunidade de regresar a Camariñas no futuro, para explorar, con máis tempo, a nosa terra, desfrutar da nosa exquisita gastronomía e coñecer a calidez e hospitalidade das nosas xentes. Ademais, invítovos a considerar unha visita durante a Semana Santa, cando a nosa localidade se transforma nun lugar de tradición e cultura, participando na Mostra do Encaixe”, rematou.
Pola súa parte, Olga Campos amosouse “encantada de que o faro se promocione a nivel internacional” e “agradecida en todos os sentidos, á asociación por escollernos dentro da súa viaxe, ao concello porque se involucrase, á Autoridade Portuaria porque permitiu o acceso e ao persoal que traballou e colaborou para que todo saíse ben”.
A asociación
A United States Lighthouse Society é a asociación de amigos dos faros máis grande e coñecida dos EEUU. É unha asociación sen finalidade de lucro creada en 1984, con preto de tres mil socios, a gran maioría nos Estados Unidos.
Os obxectivos da organización son a formación dos socios, e do público en xeral, así como da importancia histórica dos faros e os fareiros e tamén a colaboración na conservación destas edificacións históricas. Unha das súas actividades periódicas son as viaxes por EEUU e o resto do mundo visitando faros e aprendendo dos retos que teñen nos distintos lugares, ofrecendo axuda e coñecemento sobre conservación ás entidades e persoas encargadas.




