Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

O Concello de Ribadavia mellorará dous camiños do núcleo de San Paio

O proxecto, de 47.854,94 euros, estará financiado pola Consellería de Medio Rural

Camiño de San Paio / red

Camiño de San Paio

Ribadavia

A actuación está deseñada polo goberno local e quedará enmarcada nos Plans de Infraestruturas Rurais (PIR) de Medio Rural, enfocados ao acondicionamento de espazos rurais para favorecer a mobilidade e os traballos do campo. Os camiños nos que se vai actuar son o camiño do Coto e o camiño do Castro ata o entronque coa carretera de Santa Cristina.

O alcalde de Ribadavia, César Fernández, sinalou que “esta actuación enmárcase no compromiso adquirido coa veciñanza de Ribadavia de acometer unha mellora integral das infraestruturas rurais do noso concello. Con esta primeira actuación iniciamos un programa de actuación que nos levará a mellorar infraestruturas en todas as localidades do concello.”

No caso do camiño do Coto a actuación consistirá na demolición dos primeiros 50 metros o pavimento existente de formigón, actualmente en mal estado. Nos 200 metros restantes da intervención prevista, o pavimento actual é de xabre con presenza de vexetación, polo que en ambos tramos acondicionarase o terreo para o posterior formigonado integral do camiño.

Pola súa banda, no caso do camiño do Castro, debido ao mal estado do pavimento actual óptarase por unha tripla rega asfáltica.

Asemesmo construirase unha cuneta de formigón nos primeiros 100 metros do camiño.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir