Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

As obras das sendas de Montecelo e Bormoio obrigan a cortar ao tráfico a AC-552 en Coristanco durante un mes

Habiltarase un desvío pola autovía da Costa da Morte, que estará debidamente sinalizado

Presentación das obras das sendas de Montecelo e Bormoio / Moncho Fuentes

Presentación das obras das sendas de Montecelo e Bormoio

Costa da Morte

A recta final na execución das obras das sendas de Montecelo e Bormoio, en Coristanco, fará necesario o corte do tráfico na estrada AC-522 a partir do vindeiro luns día 2 de outubro e ata o día 10 de novembro.

O peche é necesario para acometer a ampliación dunha estrutura da vía autonómica sobre o río Calvar, de modo que se poida habilitar un paso peonil seguro e segregado do tráfico nesta parte da senda de Bormoio. Por ese motivo será necesario o corte total nesa zona do río. Para minimizar no posible a afección ao tráfico, habilítase o correspondente desvío pola autovía da Costa da Morte (AG-55), que estará debidamente sinalizado.

Estes traballos forman parte das obras en execución destes 1,3 km de sendas nas marxes da AC-552, co fin de favorecer os desprazamentos a pé dos veciños cara ao centro comercial. A Xunta está a investir 777.000 euros nestas intervencións que permitirán completar un itinerario continuo de 4 quilómetros entre Coristanco e Carballo.

As sendas, xa moi avanzadas, execútanse en formigón coloreado, para facelas máis visibles aos condutores, e en cor terriza natural, para unha mellor integración na zona. Son de uso mixto, aínda que pensadas, fundamentalmente, para o tránsito peonil, e teñen un ancho mínimo de 2 metros, o que garante a accesibilidade e favorece a mobilidade dos veciños.

O itinerario de Montecelo xa está executado e desenvólvese ao longo de 780 metros, desde o final da senda que vén de Carballo ata a contorna do centro comercial, pola marxe esquerda. Neste caso xa había unha zona con beirarrúas, que se renovaron para conformar o novo itinerario, aproveitando o trazado e ampliando o seu ancho. Ademais, na zona de solo rústico onde non había beirarrúas, habilitouse a nova senda peonil e aproveitouse, ademais, para acondicionar a curva existente, co retranqueo do muro de pedra.

Con respecto ao segundo treito de senda no núcleo de Bormoio, trátase dun itinerario de 560 metros, que vai pola marxe dereita da estrada, unindo Agualada e o acceso ao cemiterio de Agrilloi.

Neste caso, para garantir a continuidade no paso polo río Calvar faise necesario ampliar a ponte mediante voadizo, para integrar na plataforma o espazo para darlle continuidade á senda nese punto. Esta é a intervención que fai necesario este corte da AC-552, que segundo a evolución das condicións meteorolóxicas, pode verse reducido no tempo.

Co remate das obras destas 2 novas sendas dase continuidade ao itinerario de 2,5 km que a Xunta puxo en servizo a comezos do ano pasado en Carballo.

Estas intervencións contan con financiamento europeo dos fondos Feder 2014/2020 e REACT EU.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir