Hoy por Hoy Santiago
Sociedad

Mondra presenta Arden, o seu primeiro álbum: "Vai ser o máximo expoñente da folía"

Non hai entradas dispoñibles para a estrea na Sala Capitol

Mondra: "Arden vai ser o máximo expoñente da folía"

Santiago de Compostela

Martín Mondragón, Mondra, o artista teense, está a piques de vivir un momento realmente especial: a estrea do seu primeiro disco. 'Arden' verá a luz este venres, e xa non hai entradas dispoñibles para ver o espectáculo na Sala Capitol.

Nunha entrevista no Hoy por Hoy Santiago, admitiu que non agardaba esta resposta por parte da xente e non puido ocultar certos nervios de cara a esta cita. Asegurou que "vai ser o máximo expoñente da folía".