Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

Un programa de emprego desenvolvido en Vigo por COGAMI remata coa metade de participantes inseridos

Participaron 25 persoas desempregadas, 15 mulleres e 10 homes, todas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, idades comprendidas entre os 20 e os 59 anos e procedentes dos concellos de Vigo, Redondela, O Porriño e Tomiño

Orientador de Cogami atendendo a un usuario.

Orientador de Cogami atendendo a un usuario.

Vigo

Cofinanciado por Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, a través deste programa POISES trabállase a mellora da empregabilidade e a autonomía da persoa durante o proceso de busca de emprego.

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) remata o ProgramaOperativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES) que estivo desenvolvendo durante este ano en Vigo, para mellorar a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade mediante o trazado de itinerarios de inserción personalizados.

Cofinanciado por Fundación ONCE e o Fondo Social Europeo, neste programa POISES participaron 25 persoas desempregadas, 15 mulleres e 10 homes, todas co certificado de discapacidade ou incapacidade laboral para profesión habitual, idades comprendidas entre os 20 e os 59 anos e procedentes dos concellos de Vigo, Redondela, O Porriño e Tomiño.

A maioría das persoas seleccionadas para este programa contaban con estudos primarios complementados con outras formacións, polo que demandaban a necesidade de apoio e acompañamento tanto na busca de emprego como tamén no uso e manexo de medios electrónicos. Este apoio foilles aportado a través dun técnico de inserción laboral que se encargou de asesorar na mellora das competencias, na busca de emprego e de motivar á persoa para incrementar a súa autonomía.

O programa en datos Este programa dedicou á formación un total de 125 horas, das que 85 horas foron impartidas nun curso de conserxe e recepcionista ao que asistiron 16 persoas e 40 horas foron sobre competencias transversais ás que asistiron as 25 persoas integrantes do programa, coas que se traballaron aspectos sobre habilidades sociais, busca de emprego, a entrevista de traballo, ademais de aspectos de autocoñeemento e motivación para o emprego.

A través do programa, realizáronse 294 horas de orientacións laborais, 18 persoas acudiron a entrevistas de selección de persoal lanzadas por empresas da zona, resultando finalmente contratadas12 persoas tras superar estes procesos.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir