Nordés Hora 14Nordés Hora 14
Política | Actualidad

A fin do verán trae un aumento das cifras do paro

Só a comarca de Bergantiños fuxe desa tendencia. As oficinas de emprego rexistran 74 novos parados

O final da campaña de verán trouxo a extinción de numerosos contratos relacionados co turismo / picture alliance

Costa da Morte

Pese a que o sol e as altas temperaturas están a prolongar a sensación veraniega na bisbarra, a fin do verán é un feito no meteorolóxico e no económico. A campaña veraniega alóngase ano tras ano pero ese crecemento non se traduce nas cifras do paro. A Costa da Morte rexistrou en setembro 74 novos parados, concentrados fundamentalmente nas comarcas de Fisterra e Terra de Soneira. Bergantiños consigue esquivar esa tendencia e consigue reducir as cifras de desempregados en 21 persoas.

Carballo reduciu as cifras de paro en 12 persoas durante o mes de setembro, unha redución do desemprego que tamén se experimentou en Coristanco (9 persoas), Ponteceso (7), Malpica (59) e A Laracha (2). O contrapunto puxérono Cabana con 5 parados máis e Laxe, onde o paro aumentou en 9 persoas. En total son 21 parados menos respecto ao mes de agosto.

A comarca de Fisterra experimentou importantes aumentos nas cifras de setembro. En Dumbría foron 29 os novos desempregados, unha tendencia que tamén experimentaron en Fisterra (17), Cee (10) e Muxía (8). O único concello con baixada neste rexistro foi Corcubión, cun parado menos. Neste territorio son 63 os novos parados respecto ao mes de agosto.

Nas Terras de Soneira tampouco fuxiron da tendencia alcista e tanto en Zas (14 parados máis), como en Camariñas e Vimianzo (con cinco parados novos cada un), aumentaron as cifras de desempregados.

En Mazaricos pecharon setembro rexistrando 8 parados menos e un concello eminentemente turístico como Carnota viu com o16 dos seus veciños perdían os seus empregos nos últimos 30 días.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00