Hoy por Hoy A CoruñaHoy por Hoy A Coruña
Sociedad | Actualidad

A Torre de Hércules será a anfitrioa de "Paisajes y sitios. Participar para convivir"

Esta cita que forma parte da axenda cultural da presidencia española do Consello da UE

Coruña Científica, con GN Hábitat

Coruña Científica, con GN Hábitat

06:12

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1696317895244/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

A Coruña

A Coruña acollerá os días 5 e 6 de outubro as xornadas técnicas da Alianza de Paisaxes do Patrimonio Mundial baixo o título ''Paisajes y sitios. Participar para convivir''. Trátase dun evento que convida á reflexión sobre a participación da sociedade no Patrimonio Mundial e o seu deber de protexer estes territorios.

A Torre de Hércules, Patrimonio Mundial da UNESCO desde 2009, é o monumento escollido como anfitrión da convención cuxos relatorios terán lugar na Fundación Luís Seoane. Algúns dos eixes do encontro xirarán ao redor da participación cidadá, os dereitos na xestión do patrimonio, a protección destas paisaxes ou a importancia das achegas do tecido local ao Patrimonio Mundial.

O programa inclúe a relatores e relatoras procedentes de institucións de nivel nacional e internacional como o Ministerio de Cultura e Deporte ou da Presidencia Española do Consello da Unión Europea. Tamén participarán representantes de ICOMOS, do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC), a Universidade da Coruña e asociacións locais como o Grupo Naturalista Hábitat, Gallaecia Viva ou os Royal Green Jackets.

As xornadas enmárcanse na axenda cultural da presidencia española do Consello da UE e contan co apoio do Concello da Coruña e o Consorcio de Turismo e Congresos. Tamén colaboran o Ministerio de Cultura e Deporte, a Deputación da Coruña e a Alianza de Paisaxes Culturais e Sitios Afíns ao Patrimonio Mundial.

Aberto á cidadanía

Un dos obxectivos deste encontro é concienciar sobre a importancia de protexer os nosos paisaxes Patrimonio Mundial e reflexionar sobre como evitar os impactos sociais negativos, fomentando o vínculo entre a cidadanía e o patrimonio.

As persoas interesadas en acudir a 'Paisaxes e sitios. Participar para convivir' poderán achegarse á Fundación Luís Seoane para asistir aos numerosos relatorios e mesas redondas que terán lugar. Para facelo, simplemente é necesario cubrir previamente o formulario de inscrición que se pode atopar nas redes sociais da Torre de Hércules.

A capacidade para o evento será limitada. O programa completo das xornadas pode consultarse na seguinte ligazón.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00