Política

Xeal vende as fábricas e as centrais hidroeléctricas ao grupo checo Energo-Pro

Representantes da nova propietaria estarán xa hoxe en Cee

Factoría de Xeal en Cee / XEAL

Costa da Morte

Xeal pasa a mans checas. A dirección das factorías informou onte por carta ao comité de empresa da venta do 100% da accións do grupo Xeal á empresa enerxética checa Energo-Pro. Nesa misiva a propia dirección califica á nova propietaria como "empresa de referencia no sector hidroeléctrico dende hai máis de 30 anos con más de 9000 empregos". O desembarco d Energo-Pro escenificarase hoxe xoves, cunha reunión presencial dos novos donos ás 13:30 na factoría de Cee.

A nova propietaria de Xeal x opera en Bulgaria, Georgia e Turquía, países nos que posúe 34 centrais hidroeléctricas. Non só adican a súa actividade á produción, xa que tamén posúen unha division industrial adicada á fabricación de equipos electromecánicos hidroeléctricos para centrais.

A actual dirección de Xeal comunicou aos traballadores o desexo da nova proipietaria de seguir afondando na execución do Plan de Inversións nos que figuran como principais eixos o máximo compromiso coa seguridade e a saúde, o respecto ao Medio Ambiente, o mantemento dos activos a longo prazo e a mellora da eficiencia e produtividade.

Xeal tiña un plan director de 28 millóns de euros, con vixencia entre 2019-2023, polo que Energo-Pro xa traballa na elaboración dun plan quinquenal centrados nas seguinte inversións. No tocante á división de ferroaleacións: automatizacións da colada dos fornos 21 e 22, transformación do sistema de dosificación de materias primas para adaptalo ao mix de carbón vexetal e renovación do refractario do forno 21. Respecto á división hidroléctrica as prioridades serán a rehabilitación e modernización da central de Santa Uxía, rehabilitación das comportas e válvulas da presa de Santa uxía, automatización da fervenza e rehabilitación das comportas e sala de máquinas de Castrelo.