A venda de XEAL inclúe outra empresa, sen traballadores, sen actividade e con sede nun paraíso fiscal
Feroe Ventures & Investments opta a construir unha estación de bombeo no Xallas
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
entrevista a Alfonso Mouzo (06/10/2023)
Costa da Morte
A empresa checa Energo-Pro mercou este pasado mércores por 300 millóns de Euros o 100% das accións de XEAL, pero a venda incluía outra empresa menos coñecida na zona, pero que pode ser a verdadeira clave da operación. Trátase de Feroe Ventures & Investments, con sede nun paraíso fiscal. Esta segunda empresa é a que solicitou á Xunta a explotación do Xallas cunha estación de bombeo reversible na zona da Ruña en Mazaricos cunha capacidade de 400 megavatios fronte aos 176 megavatios que XEAL ten actualmente. Segundo a CIG desta maneira esquivarían as condicións concesionais que levan vinculados os dereitos de explotación das actuais centrais hidroeléctricas”. De autorizarse esta nova explotación, reduciríase a produción eléctrica no embalse de Sta. Uxía por XEAL e en beneficio da nova empresa o que suporía, segundo este sindicato, un desvío de capitais grazas a unha concesión pública. Xa solicitaron unha reunión co Xunta.
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, declarou este xoves que a venda parécelle unha “boa noticia”. Dende o Comité insisten en que o presidente non debe estar ben informado e solicitan unha reunión para abordar a nova operación de adquisición.
A alcaldesa de Cee Margot Lamela asegura que quere ser prudente ante a chegada dos novos donos pero considera urxente que se actualice a concesión incorporando elementos que garantan o cumprimento da mesma para garantir dun xeito efectivo os postos de traballo e a actividade das fábricas. Pregúntase cando se enterou a xunta desta operación. Este mesma pregunta tamén a ten o alcalde de Dumbría Raúl González. Este espera que os novos propietarios manteñan o compromiso de emprego e investimentos na zona, non considera necesariamente negativo que a nova empresa sexa especialista en centrais hidroeléctricas e confía en que o cambio sexa positivo.
Alfonso Mouzo, presidente do comité recorda que todo o que está pasando xa o advertiran eles durante os últimos carto anos.