Directo

ENTREVISTA RODRI Sigue en directo la entrevista en 'El Larguero' a Rodri, el ganador del Balón de Oro

La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad | Actualidad
Samaín

A programación do Samaín do concello de Nigrán comeza este xoves 26 de outubro

Actividades infantís, obradoiros, visitas teatralizadas a cemiterios, roteiros micolóxicos e películas de medo centran o calendario

O Concello de Nigrán ofrece desde o xoves 26 de outubro ao propio 1 de Novembro a súa programación máis ampla de Samaín, presentada este martes. Durante toda a semana haberá obradoiros infantís, repostería de galletas terroríficas, visitas teatralizadas ao cemiterio de Ceán e Panxón, un roteiro micolóxico para crianzas e unha película de medo para nenos.

O calendario de actividades de Samaín de Nigrán arranca o xoves 26 de outubro a partir das 17:30 horas no Auditorio Municipal con diferentes obradoiros para crianzas a cargo de Igualarte. Os asistentes poderán participar en xogos de música, manualidades, repostería, maquillaxe aterrador ou tatuaxes luminiscentes. A entrada será libre ata completar o aforo.

Igualmente, o Concello repite os obradoiros de galletas terroríficas con Chupipostres no CEE de Panxón (venres 27 ás 18:00 horas e o sábado 28, domingo 29, e mércores 1 de novembro ás 11:30 horas). Estes obradoiros están dirixidos exclusivamente a crianzas de 8 a 14 anos empadroadas en Nigrán cun máximo de dez nenos por sesión e unha duración de dúas horas. É imprescindible a inscrición previa a través dos formularios web en www.nigran.es

Visitas teatralizadas a cemiterios

Pensando nun público de todas as idades, o Concello repite as visitas teatralizadas ao cemiterio de San Fiz (Ceán) e engade o de Panxón. Estas están organizadas por Teatro do Ar co máximo respeto ao lugar e co obxectivo de por en valor a propia arquitectura dos camposantos e de "rescatar" do olvido a algunha das historias que agochan as súas tumbas, como poden ser no Ceán o mestre Vázquez Grela, o republicano Daniel Pazó ou o escritor Carlos Casares. A novidade deste 2023 será o de Panxón, lugar moi coñecido fora de Nigrán grazas ao escritor Domingo Villar coa súa novela 'A praia dos afogados'. Para todas estas visitas é preciso inscribirse previamente no día e horario elixido (no Ceán o luns 30 de Outubro e no de Panxón o martes 31 de Outubro, en ambos casos con quendas de 20 persoas ás 18:30, 19:10 e 19:50 horas).

Finalmente, no propio Día de Todos os Santos, 1 de novembro, o Concello ofrece tamén un roteiro micolóxico de identificación de cogumelos especialmente pensado para a infancia con saída ás 11:00 desde o cemiterio de Camos e percorrido polos terreos do que será o futuro parque forestal Os Matos-Río Táboas. Xa pola tarde, o cine-club Val Miñor Alice Guy proxectará ás 17:30 hora no Auditorio Municipal a película de terror infantil 'Os mundos de Coraline'. Este filme de animación estadounidense narra a historia dunha nena que, ao atravesar unha parede da súa casa, atopa unha versión mellorada da súa vida: os seus pais son máis considerados con ela, entre outros detalles, pero esas sensacións marabillosas darán paso ao medo e á angustia.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00