Política | Actualidad

Asalto ao Concello de Fisterra

Os ladróns non levaron nada pero causaron numerosos desperfectos

O suceso causou sorpresa na vila fisterrá / Concello de Fisterra

O suceso causou sorpresa na vila fisterrá

Fisterra

Susto esta pasada madrugada na Vila do Cristo. Uns asaltantes irrumpiron no Concello de Fisterra tras forzar unha fiestra na planta baixa. Logo de percorrer diversas estancias do consistorio, abandoaron o lugar sen levar nada consigo. Cando menos esta mañán ninguén botaba nada en falta nas oficinas municipais.

Segundo declaracións da alcaldesa Áurea Domínguez a Radio Nordés, os ladróns terían accedido ao consistorio a través dunha ventá situada na planta baixa. Alí tentaron forzar cunha radial unha caixa forte que xa non ten uso. Logo subiron ao segundo piso, entrando no despacho da alcaldesa logo de rachar a porta. "Tiña o despacho todo desordeado, con papeis no chan... pero non noto a falta de nada" manifestou. "Non levaron nada, nin pantallas, nin ordenadores... destrozaron cousas" explicou a rexedora. Domínguez non bota en falta nada e constatou que non tentaran abrir os armarios. As primeiras investigacións apuntan a unha tentativa de roubo de cartos.

O Concello presentou a denuncia pertinente no Xulgado de Corcubión e ata o Concello desprazouse unha unidade da Garda Civil para tomar as pegadas que puidesen quedar no lugar dos feitos. No Concello fisterrán carecen e seguridade e, tras este incidente, valorarán se procede a súa instalación

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00