Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Política | Actualidad

A comisaria europea Elisa Ferreira visita Tui este venres

O encontro celebrarase no Parador de Turismo San Telmo coma actividade paralela ao no Encontro Anual de Interreg 2030

El río Miño a su paso por Tui y Valença

El río Miño a su paso por Tui y Valença

Tui

Hai dez anos Tui e Valença do Minho constituíron a primeira Eurocidade da nosa Eurorrexión. O exemplo de unión é un dos motivos polo que Tui foi elixido para acoller este venres, 27 de outubro, a visita da comisaria Europea de Cohesión e Reformas, Elisa Ferreira, que está a participar en Santiago no Encontro Anual de Interreg 2030.

A cita terá lugar a partir das 12:00 horas no Parador de Turismo San Telmo. No mesmo terá a oportunidade de coñecer directamente, por parte dos distintos axentes, os proxectos de cooperación que se realizan entre España e Portugal, nomeadamente nesta zona. Haberá unha primeira reunión na que participarán representantes da Eurocidade Tui-Valença, da AECT Río Minho, así coma das eurocidades Tomiño – Vila Nova de Cerveira, Salvaterrra – Monçao, e Verín – Chaves. Moderará este primeiro encontro o subdirector de Acción Exterior e de Cooperación Transfronteiriza de Cooperación Transfronteiriza da Xunta, Xosé Lago.

Ás 13:00 h terá lugar un segundo encontro centrado nesta ocasión nas solucións transfronteirizas no que participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, e o presidente da Cámara de Valença coma representantes da Eurocidade Tui- Valença, a directora do EURES Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, xunto a dúas persoas beneficiarias das súas accións, as valedoras da cidadanía da Eurocidade Tomiño-Cerveira, e persoas mozas emprendedoras da Eurocidade 2020 de Verín-Chaves. Exercerá de moderador o rexedor tudense.

O acto de clausura desta visita está previsto para ás 14:00 h, e contará coa actuación da pianista tudense, Andrea González, directora do IKFEM. O alcalde Enrique Cabaleiro, amosa a súa satisfacción porque Tui teña sido elixido coma sede para acoller este encontro coa comisaria europea, xa que será unha magnífica ocasión para expor os distintos proxectos desenvolvidos, así coma aqueles outros nos que se están a traballar. Destaca o rexedor amais coma a axenda cultural e deportiva compartida entre Tui e Valença supón un claro exemplo desa cooperación transfronteiriza.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00