Hoy por Hoy SantiagoHoy por Hoy Santiago
Sociedad | Actualidad

Conversa: cara a un turismo consciente

O martes 31 de outubro Radio Galicia Cadena organiza unha nova edición do Foro Conversa coa análise do futuro do turismo en Santiago de Compostela, logo dos incidentes deste verán, e co debate sobra a necesidade da taxa turística enriba da mesa

Santiago de Compostela

O NH Collection Santiago acollerá o vindeiro martes, 31 de outubro unha nova entrega do Foro Conversa. Neste caso, co título "Conversa: turismo consciente", que servirá como lugar de análise sobre a necesidade de repensar o modelo turístico de Santiago de Compostela. A taxa turística, que cada vez semella máis preto, ou a necesidade de protexer á cidade de comportamentos incívicos como os que sucederon este verán, son algúns dos asuntos abordados polos expertos e representantes do sector.

A xornada comezará coa benvida por parte da alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, antes dunha ponencia titulada "Cara un modelo de turismo sustentable", impartida polo profesor da USC, Miguel Pazos.

A continuación terá lugar a primeira das dúas táboas redondas, sobre o uso das vivendas de uso turístico. Nela intervirán Óscar Soneira, en representación de Aviturga, Esteban Iglesias, director do NH, e Carlos Debasa, presidente de Agalin.

A segunda das mesas permitirá un debate sobre o turismo e a convivencia, coas opinións de César García, profesor da USC, Miriam Louzao, responsable de Turismo do Concello de Santiago, e José Antonio Liñares, representante do sector hoteleiro.

Entre ellas haberá unha entrevista a César García, o autor do informe sobre a taxa turística en Santiago.

Pechará a xornada o director xeral de Turismo, Xosé Manuel Merelles.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00