Política | Actualidad

A Fiscalía solicita 12 anos de inhabilitación para Ramón Vigo

A petición inclúe ao exalcalde e os catro concelleiros de IxC na lexislatura 2015-2019

O exalcalde de Cee, Ramón Vigo, primeiro pola esquerda / Cabalar (EFE)

O exalcalde de Cee, Ramón Vigo, primeiro pola esquerda

Cee

A Fiscalía vén de solicitar 12 anos de inhabilitación para o ex alcalde de Cee Ramón Vigo. A causa promovida logo da reforma da rúa Rosalía de Castro entra na súa recta final coa petición realizada pola fiscalía. A petición efectuada polo ministerio fiscal afecta tanto ao ex alcalde como aos concelleiros de IxC durante a lexislatura 2015-2019, Pilar Iglesias (actual voceira da formación), Juan Bautista Areas, Yolanda García Leal y Camola Díaz.

O 21 de maio de 2015 a Xunta Local de Goberno do Concello de Cee licitou o expediente de contratación do acondicionamento rúa Rosalía de Castro. Fíxoo en sistema de aberto ante a falta de licitadores para acometer a obra. O expediente de contratación non se chegou a rematar pero segundo a fiscalía, tiña carácter "executivo e firme". Co cambio de corporación producido en xuño de 2015 Ramón Vigo e catro concelleiros accederon ao goberno municipal. Nunha provindencia datada o 23 de xullo, o novo alcalde dispuxo a continuación do procedemento como "negociado e sen publicidade", algo ao que se opuxeron tanto a Secretaria como a Interventora municipal calificando esa actuación como "arbitraria, ilegal e desaconsellables". Na sesión plenaria do 7 de agosto Ramón Vigo e os catro concelleiros votaron a favor de continuar co proceso. No escrito de acusación formulado polo fiscal deixa claro que tanto o exalcalde como os concelleiros coñecían o informe administrativo que advertía da ilegalidade da actuación. Incluso lembra que tanto a Secretaria como a Interventora estiveron presentes nunha Xunta de Goberno do 7 de agosto onde informaron da existencia dese informe desfavorable, lembrando as súas posibles consecuencias.

Para o fiscal os feitos son constitutivos dun delito de prevaricación administrativa, solicitando a súa inhabilitación por 12 anos para o desempeño de cargo na administración local, para o exercicio da función pública e para o exercicio do sufraxio pasivo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00