Política

A unión dos paseos de Corcubión e Cee, máis cerca

A Demarcación de Costas comprometeuse a solventar deficiencias no paseo marítimo corcubionés e avaliou o proxecto de unión co de Cee

O paseo marítimo corcubionés presenta deficiencias debidas á erosión e o deterioro dos materiais

Corcubión

Corcubión e Cee arelan dende hai anos poder unir os paseos marítimos que bordean a beiramar de ambos municipios. Unha mínima porción de terra separa ambas vilas. A día de hoxe os camiñantes vense obrigados a ter que abandoar a tanquilidade do paseo marítimo para percorrer un par de centos de metros ao carón dos coches na AC-445 que leva a Fisterra. Esa "anormalidade" pode ter os dias contados.

Corcubión recibiu hoxe a visita do xefe da Demarcación de Costas de Galicia, Carlos Gil, para avaliar o estado do paseo marítimo e comprobar as posibilidades de completar o paseo marítimo entrambas vilas. Durante a inspección do paseo detectáronse unha serie de deficiencias como os danos producidos polas ondas do mar, os problemas de accesibilidade ou o deterioro dalgunhas infraestruturas. O responsable de Costas comprometeuse a realizar un estudo de detalle para realizar unha reforma no paseo marítimo.

A representación do goberno municipal, encabezada polo alcalde Xabier Domínguez, reuniuse posteriormente coa alcaldesa de Cee, Margot Lamela, para analizar aspectos técnicos e loxísticos do proxecto de unión de ambos paseos marítimos. Á xuntanza foron convidados os grupos políticos de Corcubión, mostrando o PP o seu apoio ao proxecto.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00