Sociedad | Actualidad

Julia, con nove anos, baila bachata entre as mellores do mundo

Participa na competición mundial en Macedonia tras ser campioa de España

Con nueve años Julia baila bachata entre las mejores del mundo

Lugo

En tan só sete meses de ensaios Julia Medela, de nove anos, conseguiu proclamarse primero campioa de Galicia, e despois de España, na modalidade de Bachata Shine Individual. E non só iso, senón que gañou todas as competiciós nas que participou este ano, e viaxou a Macedonia a participar no certame mundial de bailes caribeños.

Asegura que quedou "flipando" ao saber que ía participar na competición mundial. Estes días todo son felicitacións e ánimos dos seus veciños de Antas de Ulla e arredores, e da súa familia, que se volcaron con ela. O seu entrenador, Dimas Fernández, descríbea así: "Cada vez que baila apetéceche volver vela, porque a ves desfrutar".

Asegura que xa na primeira clase con ela se o sorprendeu "a súa actitude" porque "realmente lle gusta moito bailar, faino cunha cara de felicidade impresionante". É o que máis destaca dela: "A súa ilusión e as súas ganas, a parte das capacidades, por suposto, que no son habituais a estas idades".

No Hoy por hoy Lugo Julia e Dimas ábrennos a porta dun dos seus ensaios para contarnos como foi este último ano. "Pasou moi rápido, pero foi moi divertido", di Julia. Os premios son un regalo, pero o realmente importante, recórdalle o seu entrenador, é o proceso. "Son a guinda perfecta do pastel, pero se non ganásemos seríamos igual de felices", explica Dimas Fernández.

Cos seus nove anos Julia entende á perfección que o deste ano non se vai repetir sempre. Pero iso non lle quita as ganas de facer o que máis lle gusta no mundo, e asevera que "será outra forma de aprender".

Destino Macedonia

A Macedonia vai "a vivir unha experiencia e a facelo o mellor posible pasándoo ben", segundo Dimas Fernández, porque "o traballo xa está feito, e esto xa é un premio, agora toca disfrutar".

Despois dos ensaios e de varios avións Julia viste o seu traxe, que prepararon o seu entrenador e a súa familia, xunto co Club Deportivo Goldance, do que forma parte. Entre todos compuxeron os flecos e os brillantes para que Julia poidese lucilos na pista de baile.

Antía Montes

Radio Lugo