Directo Sigue en directo 'Hoy por Hoy' con Àngels Barceló desde Santiago de Compostela

Hoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad
Música coral

As voces de Cantares do Brueiro chegan este domingo ao auditorio do Rosal

O coro de voces da labranza cantora ofrecerá un concerto único este domingo 19 ás 19.30 h

O Rosal chega á fin de semana cunha proposta cultural única: achegarse ás voces de Cantares do Brueiro, impregnadas do engado emocional que arroupa o mimo da labranza cantora.

Este domingo 19 de novembro o coro subirase ao escenario no auditorio municipal do Rosal coa súa proposta ‘Si cantan, es ti que cantas...’, un espectáculo musical creado con moito agarimo e paixón por todas e todos os seus integrantes.

Baixo a batuta do seu director, Tino Baz, a partir das 19.30 horas o público poderá gozar da música tradicional popular galega mesturada con pezas propias e clásicas galegas de autores e autoras moi coñecidas para todos e todas, seguindo a liña marcada dende o seus inicios alá polo ano 2014. Unha homenaxe á canción popular galega e ao canto coral cun coidado moi especial achegado polas preto de 30 voces que compoñen o coro.

A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, anima a toda a veciñanza a gozar deste concerto único de balde e apoiar o traballo realizado por Cantares do Brueiro ao longo dos anos “para manter viva a tradición da música popular galega. É un orgullo poder desfrutar do seu talento e das súas voces nunha vila con tanta tradición musical como é O Rosal”.