Hora 14 VigoHora 14 Vigo
Sociedad | Actualidad
Literatura infantil

Núria Figueras e Anna Font presentan en Vigo "A Visita", o XVI Premio Compostela de Álbum Ilustrado

A presentación será na librería "Libros para Soñar" do Casco Vello este venres ás 18h00

A Visita, de Núria Figueras e Anna Font

A librería "Libros para Soñar" recibe este venres as autoras de "A visita", Núria Figueras e Anna Font. Trátase da obra distinguida co XVI Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado, un certame organizado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e Kalandraka. Núria Figueras e Anna Font completan a súa estadía en Galicia acudindo á libraría infantil e xuvenil do Casco Vello vigués onde, a partir das 18:00 horas, participarán nunha sesión de contacontos para presentar o seu libro e asinar exemplares.

"A visita" conta que unha pequena raposiña ignora as indicacións da súa nai que lle advirte de non deixar entrar a ninguén na cova e deixa pasar o Silencio. Tralo temor a unha presenza que inicialmente a intimida, resulta ser un hóspede moi especial que lle aprende a bailar ao compás do seu corazón e a escoitar os seus pensamentos.

As autoras van debullar as distintas lecturas que ofrece "A visita", como o papel positivo do Silencio para axudarnos a reflexionar, practicar a introspección, coñecernos e saber que sentimos. Dende o punto de vista literario a obra destaca por tomar pinceladas dos contos clásicos, establecer un diálogo áxil e tenro entre os personaxes e manexar recursos estilísticos que dan como resultado un relato delicioso, orixinal e necesario.

Aínda que a historia transcorre en plena noite, as páxinas de "A visita" son luminosas e coloridas: dende un bosque de vexetación esquemática, cun cromatismo exuberante e repleto de matices, adentrámonos nun cálido tobo onde destaca a simpática figura da raposa e os trazos sinxelos cos que se representa algo tan intanxible e invisible como o Silencio.

Para esta actividade especial, dirixida a nenas e nenos a partir de tres anos, "Libros para Soñar" loce no seu escaparate unha instalación artística realizada por Tete Núñez ‘Pecas-pita’ a partir dos personaxes de "A visita".

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00