Indignación en Fisterra pola falta de médicos no centro de saúde
Este luns estivo atendido só por un médico dos castro cos que conta habitualmente
:quality(70)/cloudfront-eu-central-1.images.arcpublishing.com/prisaradio/6RMUGCQJLNGTDHVOGNTCFTLKSU.jpg)
Fisterra
A indignación na vila do cristo é enorme , veciñas e veciños da localidade protestaron ante a ausencia de médicos no centro de saúde. Dos 3 facultativos e medicina xeral e un pediatra cos que debe contar o servizo, hoxe só estaba traballando un. Un só médico para atender tódalas consultas, unha situación imposible polo que moitos usuarios deberon solicitar unha nova cita e outros foron derivados a Cee.
José Fernando Carrillo, presidente da asociación de veciños, cualificou a situación de “impresentable” e acusou ao SERGAS de ter a Fisterra abandonada. Solicitou que se cubra a praza de xeito inmediato.
Tamén a alcaldesa áurea Domínguez criticou a situación, Culpa á xunta de non sacar máis prazas para ter un número de médicos suficiente co que poder solucionar estes contratempos.
Segundo informa o SERGAS, a planificación feita para Fisterra deba resposta ás necesidades asistenciais da localidade, pero esta viuse alterada por unha ausencia de última hora que complicou a situación.
Aseguran que teñen previsto cubrir esa praza mañá martes e que a próxima semana xa se incorporan os facultativos habituais que están gozando dunhas xornadas e descanso.
O SERGAS lamenta as consecuencias desta situación e esperan resolver o antes posible e da mellor maneira a situación, pero non confirman datas.