Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

30 estudantes venecianos de Formación Profesional visitan A Laracha

É a segunda fase do proxecto que permitiu a once mozos laracheses visitar Venecia no pasado verán

Costa da Morte

Un grupo de trinta estudantes do Polo Tecnico Profesionale de Venezia “Vendramin Corner”, centro de formación profesional desa localidade italiana, visitan hoxe A Laracha no marco do programa de intercambio xuvenil que organiza o Concello e froito do convenio de colaboración entre ambas entidades.

É o segundo ano consecutivo no que o Concello colabora con Il Polo Tecnico Profesionale “Vendramin Corner” na organización de programas nos que participan mozos venecianos e laracheses. A pretensión é continuar levando a cabo iniciativas deste tipo en anos vindeiros co obxectivo de contribuír á construción da cidadanía europea facilitando á mocidade oportunidades para coñecer outros países, idiomas e culturas, potenciando a mobilidade xuvenil, tendendo pontes para a cooperación transfonteiriza con outros países e proxectando cara o exterior o concello da Laracha

Pola mañá estiveron na Casa da Cultura, onde foron recibidos por unha ampla representación do goberno local encabezada polo alcalde, José Manuel López Varela. Trala proxección dun vídeo sobre o concello da Laracha, a expedición desprazouse ata Caión para coñecer os lugares máis destacados da vila. Despois do xantar está previsto que visiten a cidade da Coruña. Nos próximos días, durante o resto da súa estancia, tamén coñecerán outras localidades galegas..

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir