Selecciona tu emisora

Ir a la emisora
PerfilDesconecta
Buscar noticias o podcast

“A Xunta tería que aportar máis cartos aos concellos para o SAF ante o incremento do custe”

A alcaldesa de Cee participou este mércores no espazo Pleno Aberto de Radio Nordés

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

Pleno Aberto con Margot Lamela, alcaldesa de Cee (22/11/2023)

00:00:0041:40
Descargar

Cee

O concello de Cee está no proceso de licitación do Servizo de Axuda no Fogar que se incrementouse nun ano en 126.000€, acadando a cifra de 636.000. Margot Lamela pide á Xunta que incremente a súa aportación a un servizo que supón un gasto excesivo para as administracións locais. A alcaldesa ceense participou no espazo Pleno Aberto no programa Vivindo a Costa da Morte e falou de diversos asuntos da actualidade municipal. Outro servizo que incrementou considerablemente o custe e a Escola Infantil, “A Xunta vende a gratuidade das Escolas Infantís pero quen asume o custe somos os concellos” di a alcaldesa que entende as demandas das traballadoras uqe levan semanas en folga en toda Galicia, pero pídelle a elas que entendan tamén a situación dos concellos. Neste momento están en contacto coa Deputación para lograr unha residencia centro de día, pero logo será necesaria tamén a colaboración da Xunta.

Lamela contestou preguntas feitas dende os grupos da oposición. Dende o PP interesáronse polo avance do proxecto do PXOM, a alcaldesa asegurou que continúan traballando para rematalo o antes posible pero hai varios problemas que arranxar, un deles ten que ver cos lindes do municipio, como exemplo puxo o do cemiterio do Ézaro que está en terreo ceense.

Dende o PP tamén se interesaron pola situación do Centro Comercial. Segundo confirmou hoxe saen a licitación un par de locais dos sete que son propiedade do concello na planta alta e polos que varias empresas amosaron interese. A alcaldesa recorda que o Centro Comercial ten unha xerencia e debe ser esa xerencia a que traballe para lograr atraer negocios que se instalen nos locais baleiros. Con respecto ao resto de iniciativas para fomentar o comercio local, a alcaldesa confirmou que o proxecto de reforma do Mercado municipal leva aparelladas outras iniciativas para dinamizar o sector, tamén recordou que está lista a campaña de Nadal para incentivar as compras coa instalación dunha pista de xeo entre outras iniciativas.

En referencia a situación do Centro de Saúde, recordou que dende o traslado do PAC dende o hospital ao centro médico o custe do mantemento incrementouse considerablemente, un deles o subministro de gasóleo para a calefacción. Están en contacto coa Xunta para mellorar a eficiencia enerxética, por unha banda hai un convenio polo que a administración autonómica asumirá un 90% do custe, e traballan para cambiar portas e ventás.

Dende o BNG e IxCee criticaron a subida de taxas aprobada no último pleno, Lamela defendeu que son necesarias debido ao incremento do custe de servizos como a recollida do lixo e asegurou que en Cee estas taxas son inferiores á maioría de concellos da contorna.

A rexedora confía en que a unión dos paseos marítimos de Cee e Corcubión sexa unha realidade antes do remate deste mandato. Non quixo poñer data para o remate das obras de saneamento, dixo que neste momento van con certo retraso debido a varios contratempos polo que non confía que rematen no vindeiro verán como estaba previsto.

Con respecto aá situación de XEAL, Margot pídelle o comité que dea un paso adiante e obrigar á Xunta a sentarse e aclarar a situación, considera imprescindible actualizar os termos da concesión, e pon en dúbida de que na situación actual, cun único forno en funcionamento, se estean cumprindo as cláusulas concesionais por parte da empresa.

O concello de Cee preside este ano a mancomunidade de Fisterra, con respecto á proposta do BNG comarcal de ampliar os servizos da mesma, Lamela considera que debe facerse unha proposta máis concreta para plantexarlle á Deputación, aínda que inicialmente considera que é necesario mellorar os servizo que xa dependen da entidade, como o abastecemento de auga. Algunhas das propostas, como a de mancomunar as policías locais, a alcaldesa considera que poderían prexudicar aos veciños de Cee.

 

Directo

  • Cadena SER

  •  
Últimos programas

Estas escuchando

Hora 14
Crónica 24/7

1x24: Ser o no Ser

23/08/2024 - 01:38:13

Ir al podcast

Noticias en 3′

  •  
Noticias en 3′
Últimos programas

Otros episodios

Cualquier tiempo pasado fue anterior

Tu audio se ha acabado.
Te redirigiremos al directo.

5 "

Compartir