Sociedad | Actualidad
Día da Música

O Conservatorio de Música Superior Mayeusis de Vigo celebra a Semana Grande de Santa Icía con tres concertos

O centro ofrecerá unha programación especial aberta a toda a cidadanía para honrar á súa patroa e celebrar o Día Internacional da Música

O 22 de novembro sempre é unha data de celebración no Conservatorio Mayeusis, ademais de conmemorar Santa Icía, patroa dos músicos, é o Día Internacional da Música; co cal é axeitado pensar que é o momento ideal para festexar unha Semana Grande chea de concertos.

Xa son máis de 35 anos de percorrido do Conservatorio Mayeusis, 35 anos nos que se abre o seu auditorio a toda a cidadanía que desexa asistir como público e vibrar coa música das actuacións programadas para tan especial acontecemento.

O mércores 22 de novembro ás 20:00 h comezan os eventos coa participación de Mayeusis na misa da Igrexa do Sagrado Corazón de Rosalía de Castro, o Coro da Compañía xunto ós profesores actuarán nun micro concerto, ó rematar a celebración da homilía, que se celebrará na propia parroquia.

O xoves 23 ás 20:00 h o alumnado do centro, estudantes da rama de metais, piano e outras especialidades, ofrecerán unha actuación no Auditorio da Fundación Mayeusis.

As celebracións rematan o venres 24 ás 20:30 h cun concerto a cargo de profesores e convidados do Conservatorio Mayeusis, no que se porá o broche de ouro á Semana Grande de Santa Icía.

Todas estas actividades están abertas ó público previa reserva de praza e se celebrarán no Auditorio da Fundación Mayeusis, na Rúa Areal 138; excepto o evento do mércores 22, que terá lugar na Igrexa do Sagrado Corazón con entrada libre, na Rúa Rosalía de Castro 56.

A reserva de praza para os concertos dos días 23 e 24 de novembro pódese facer no propio Conservatorio Mayeusis (Rúa Areal 118), no teléfono 986221422 ou no correo electrónico info@mayeusis.com

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00