La Ventana MetropolitanaLa Ventana Metropolitana
Sociedad
Literatura

A nigranesa Lucía Doval presenta o libro "Lo que no te enseñan en el instituto" na Biblioteca de Nigrán o 30 de novembro

Malia estar dirixido expresamente á sobriña, o libro é ideal para preadolescentes, adolescentes e non tan adolescentes

"Lo que no te enseñan en el instituto" é o primeiro libro da nigranesa Lucía Doval. Nas súas páxinas, a autora diríxese á súa sobriña adolescente, Raquel, para contarlle as cousas que a ela non lle ensinaron no instituto e que lle parecen fundamentais para a vida.

Nel trátanse temas tan importantes coma a felicidade, os pensamentos, as emocións, os hábitos, as relacións, os soños, o traballo, a natureza, o momento presente…

A idea do libro xurdiu o día que Raquel fixo 10 anos. Aí Lucía decatouse de que só lle quedaban dous anos para ir ao instituto e que había moitas cousas que lle quería contar para que estivese preparada para o que viña. O seu corpo, a súa mente e as súas emocións estaban a piques de facerse grandes e no instituto non sempre nos ensinan a entender todo iso.

Malia estar dirixido expresamente á sobriña, o libro é ideal para preadolescentes, adolescentes e non tan adolescentes. É unha obra de non ficción reflexiva, fresca e entretida, que vai ao miolo, cunha linguaxe clara, sen demasiadas reviravoltas. Ademais, as páxinas están ilustradas con debuxos que fixo Raquel entre os 10 e os 11 anos.

Quen queira coñecer a autora e saber un pouco máis, pode achegarse á Biblioteca de Nigrán o xoves 30 de novembro ás 20:00.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00