Directo

CASO KOLDO Última hora de Ábalos, en directo: reacciones al 'caso Koldo' y su desafío al PSOE

Economía y negocios

As exportacións galegas continúan coa súa caída en outubro, quinto mes consecutivo de descenso

As vendas ao exterior baixan un 0,5% no que vai de ano en comparación con 2022

Galicia exportou bens por 2.783,9 millóns de euros en outubro, 1,4% menos que hai un ano, segundo os datos de comercio exterior publicados polo Instituto Galego de Estatísticia (IGE) este luns.

Así, a comunidade galega anótase cinco meses consecutivos de baixada das exportacións (o último dato positivo é de maio). Isto provoca que no acumulado do ano, entre xaneiro e outubro, as vendas ao exterior baixen un 0,5% en comparación con 2022. Un descenso que contrasta co dato en España, onde se mantén invariable (0%) nese período.

Os produtos con maior influencia negativa en outubro foron os combustibles (-46,8%). No outro extremo, automóbiles e aeronaves son as que experimentan maior incremento.

Igualmente, de xaneiro a outubro, os combustibles rexistran os peores datos de vendas ao exterior (5,6 puntos menos). As mellores cifras son para os automóbiles (5,2 puntos máis).

Caída das importancións

No tocante ás importacións, Galicia computa un retroceso do 24,9% en outubro, cun total de 1.911,7 millóns. É moito máis acusado que o 6,3% de descenso no Estado.

Nos dez primeiros meses do ano realizáronse importacións por valor de 37.412,8 millóns na comunidade, un esborralle do 23,2%. Deste xeito, a balanza comercial é positiva en 7.561 millóns, cunha taxa de cobertura do 144%. En cambio, en España hai un déficit de 34.732 millóns nese período, onde a taxa de cobertura queda no 90,2%.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00