Hoy por Hoy Baixo MiñoHoy por Hoy Baixo Miño
Sociedad | Actualidad
Creatividade

Os comercios de Tomiño decóranse coas postais das nenas e nenos do concello

Máis de 300 postais están expostas por establecementos e pequenos negocios de toda vila

Debuxos e postais das nenas e nenos do concello de Tomiño expostas nos comercios locais

Debuxos e postais das nenas e nenos do concello de Tomiño expostas nos comercios locais

Os escaparates dos comercios de Tomiño e Goián locen estes días decorados coas postais que realizou o alumnado de infantil e primaria dos colexios da vila.

Máis de 300 postais estaráns expostas durante as vacacións de Nadal para que nenos e nenas busquen as súas e llas ensinen as súas familias. As postais son unha mostra da creatividade da infancia tomiñesa, cheas de imaxinación e cunha ampla variedade de estilos que nos amosan a súa visión do Nadal.

Ademais, un xurado escolleu as catro máis orixinais de cada categoría que se anunciarán ao remate das vacacións escolares. Os autores ou autoras recibirán premios das librarías e xogueterías locais.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00