Sociedad

Un nadal de idiomas na OMIX de Ribadavia

Esta martes arrancou o obradoiro rápido de linguas que rematará o día 29

Manuel Araújo (OMIX Ribadavia) fala dos cursos rápidos de linguas

Ourense

A programación de nadal continúa na capital do Ribeiro até o sábado 30 de decembro.

En horario de catro e media a oito da tarde o pavillón de Maquiáns mantén abertas as súas portas para o Ribanadal. Ademais de tempo de lecer o nadal é tempo de aprender. A OMIX de Ribadavia acolle un obradoiro rápido de idiomas en horario 11:00 a 12: 00 até o día 29.

Trátase dun obradoiro áxil de inglés, francés, grego e alemán con intercambio cultural que, como explicou nos micrófonos de Radio Ribeiro Cadena SER o responsable da OMIX, faise grazas a “que temos a persoas que son nativas e temos a voluntariado Europeo”. Manuel Araújo anunciou, ademais, que no 2024 haberá oportunidade de seguir formándose nestas linguas.

A actividad é de balde mais é precisa a inscrición previa na dirección omix.ribadavia@gmail.com