Sociedad | Actualidad

'Cibercarracho, -a', escollida por votación popular como Palabra do Ano 2023 en Galicia

Este neoloxismo, de rexistro coloquial, tira de humor para referirse aos ciberdelincuentes

O termo 'cibercarracho, -a' foi escollido por votación popular como a Palabra do Ano 2023. Este neoloxismo, de rexistro coloquial, tira de humor para referirse aos ciberdelincuentes e sensibilizar sobre os actos delituosos por medio das tecnoloxías de comunicación.

O vocábulo obtivo máis do 40 por cento dos votos rexistrados na votación organizada pola Real Academia Galega (RAG) e a Fundación Barrié, a través do Portal das Palabras, quen o relacionaron co momento que estamos a vivir, no que grandes empresas de múltiples sectores e institucións públicas e privadas de todo ou mundo "están a ser obxecto de graves agresións deste tipo".

A segunda voz máis apoiada foi 'feitiño, -a', con algo máis do 30 por cento dos votos, seguida de 'biodiversidade', 'dereitos humanos', 'educación emocional' e 'cooficialidade'.

O substantivo carracho, arácnido que se alimenta do sangue de mamíferos e aves, ten "mala sona" no refraneiro galego, tal como comenta a RAG.

Proverbios como 'Gando cativeiro, de carrachos cheo' ou 'Ano pobre e ovella fraca', reflicten, segundo a RAG, as molestias e os danos que ocasionan as carrachas. Tamén en ditos como: 'Chufa, carracha, que logo vén o verán!'.

Esta palabra popular enmárcase nun tempo pautado pola tecnoloxía e polas súas oportunidades e ameazas, que deixan pegada no dicionario. Deste xeito, desde o 2018, o dicionario da RAG inclúe palabras relacionadas con estes riscos tales como ciberdelincuente, ciberdelito, ciberataque, ciberseguridade ou ciberacoso.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00