A biblioteca de Ribadavia agasalla libros por alimentos
Até mañana vernes 29 pódese colaborar con alimentos non perecedoiros

Campaña solidaria na biblioteca de Ribadavia / Biblioteca Ribadavia,

Ourense
A biblioteca do capital do Ribeiro ten instalado un punto de recollida de alimentos até mañana venres. A contribución con tres alimentos non perecedoiros ten premio. As persoas participantes poderán levar un libro.
A responsable deste espazo cultural, Teresa Rivela, explica que é unha campaña que permite axudar e atraer á mocidade ás bibliotecas. Tamén unha maneira de concienciar, xa que “o nadal non só é o consumismo de comprar, hai xente que o está a pasar mal e pensei en facer a recollida de alimentos falando con Cáritas”.
Aínda que a campaña anima a doar tres produtos, dende a biblioteca indican que “aínda que sexa só unha cousa” será ben recibida.




