Sociedad | Actualidad

Limpadoras en folga: "Imaxina traballar oito horas por 800 euros, sentímonos despreciadas"

Chus e Isa expresan o cansancio que hai no sector por desenvolver un traballo duro e esencial por debaixo do soldo mínimo

Entrevista a Isa e Chus, limpadoras en folga, tras máis de 80 días de paro

Entrevista a Isa e Chus, limpadoras en folga, tras máis de 80 días de paro

14:48

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1704919434541/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

Despois de aparcar as reivindicacións nas rúas durante o Nadal, as traballadoras do sector da limpeza de Lugo volven protestar na rúa para reclamar un convenio digno. Van a polos tres meses de folga, que recoñecen que se está facendo dura, pero aseguran que non a van abandonar.

"Pensábamos que o ano novo nos ía traer un convenio novo, pero tócanos seguir pelexando", di Chus, unha das máis enérxicas e combativas nas manifestacións. Veñen de pasar unhas festas "complicadas", porque levan tres meses sen soldo nunha época de moitos gastos, aínda que tamén lles valeron para repoñer enerxías.

A próxima reunión coa patronal é o día 18 de xaneiro. As limpadoras entenden que ASPEL (Asociación Profesional de Empresas de Limpieza) está intentando estirar os tempos para minar a súa resistencia. Pero elas insisten en que se van manter inamovibles nas súas reclamacións: "Que non pensen que estamos derrotadas, porque imos ir firmes ata o final, ata que poñan enriba da mesa unha proposta que sirva para firmar".

A última rexeitárona porque conxelaba a antigüidade e o soldo mantíñase por debaixo do salario mínimo interprofesional, como xa veñen cobrando ata o de agora. Califícana de "pésima" e cren que demostra a "falta de vergoña dos empresarios que están gañando diñeiro a conta de pagarnos un salario de miseria".

Infravaloradas

Ademais de mal pagadas e "explotadas" contan que se senten "moi pouco valoradas e abandonadas" non só pola patronal, senón tamén pola Administración. "Non hai paciencia", di Isa, "porque berras e berras e pensas se será verdade o que che están dicindo, porque despois vemos que nin a Xunta nin o Concello fan nada".

O apoio das institucións, segundo relatan, limítase a "palabras moi bonitas", e que á hora de interferir no conflito "miran para outro lado". ·Eu penso que non o merecemos", manifestan. Reivindican o seu papel como traballadoras esenciais, que non se reflexa despois na retribución nin no recoñecemento que reciben: "Necesítannos nos colexios, nos hospitais, nas comunidades, porque sen nós non funcionaría nada, pero queren seguir téndonos coma o último"-

"Imaxina traballar oito horas, nun traballo duro limpando mesas ou fregando chans, que nos causa problemas de ombros e de espalda, por 800 euros", di Isa. "É un salario de miseria o que temos, e eu penso que merecemos máis", demanda. Emociónase ao dicilo, porque se recoñece frustrada coa situación. "Non pedimos nada desmesurado, só que nos paguen o salario mínimo", engade.

Explica que traballa no servizo de limpeza dun centro educativo, cun contrato de fixa discontinua porque durante as vacacións de verán vese obrigada a ir ao paro. "Despois cando teño que facer a declaración da renda, encima, véñenme uns 'sablazos' impresionantes".

A pesar de todo, as dúas aseguran sentirse moi orgullosas da profesión porque foi o que lles valeu, con moito esforzo, para sacar adiante ás súas familias. "Este traballo foi o que nos permitiu darlles estudios aos nosos fillos, e eu síntome esencial", asegura Isa. "Aínda digo máis", engade, "vou contentísima a traballar". O que reclama é que o soldo que recibe en compesación pola súa labor alcance, polo menos, a cifra que establece a lei como o mínimo interprofesional.

Antía Montes

Radio Lugo

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00