Sociedad | Actualidad

Rubén García: de xogar ao fútbol na República Checa a alcalde de Trabada

É propietario do único bar e o único supermercado do municipio, e asegura que do deporte aprendeu cousas aplicables á política

Rubén García: de xogar ao fútbol na República Checa a alcalde de Trabada

Rubén García: de xogar ao fútbol na República Checa a alcalde de Trabada

10:40

Compartir

El código iframe se ha copiado en el portapapeles

<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1705497664809/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>

Lugo

A renuncia de Mayra García á alcaldía de Trabada, que se presenta no número tres pola provincia nas listas do PSdG ás eleccións autonómicas, deixa vacante o posto. Será o terceiro no grupo municipal quen colla o relevo, ao renunciar por motivos persoais e profesionais a concelleira que iba por diante. Rubén García será, polo tanto, investido como rexedor de Trabada.

É o novo reto que asume con ilusión tras unha traxectoria que non deixa indiferente a ninguén. O trabadés viviu no estranxeiro, primeiro na República Checa e despois no Reino Unido, xogando ao fútbol de forma profesional. Ao regresar fundou e presidiu o club de fútbol sala do municipio.

Asegura en Hoy por hoy Lugo que do fútbol aprendeu leccións que agora aplica na política. "Dende logo esa constancia, o traballo diario que hai que realizar no deporte, tamén se pode aplicar á política", asegura. Pero o que máis destaca é que vivir no estranxeiro lle fixo "valorar aínda máis a calidade de vida que temos nos concellos pequenos".

O deporte deixouno hai uns anos, prorque non o podía compatibilizalo coa súa carreira na política municipal, sendo concelleiro de Deporte e Saúde, e como emprendedor. Ademais é propietario do único supermercado e do único bar que hai en Trabada, o Mesón Camiño Norte. Asegura que os dous seguirán funcionando, a pesar das súas novas ocupacións, "grazas ao meu persoal, que é fantástico nos dous locais, e á miña parella".

Impulso ós servizos sociais

A dirección que vai tomar o Concello tras a súa investidura non se vai distanciar moito da que xa deixa encamiñada a súa predecesora, Mayra García. Recoñece que está traballando nalgunha iniciativa propia, pero continuar coa aposta por impulsar os servizos sociais será a clave do seu goberno. "Seguiremos unha liña continuísta, aspotando pola xuventude e as familias", manifesta.

O principal reto que enfronta Rubén García é precisamente reter a poboación no municipio e facelo atractivo para que se sumen máis habitantes ós 1.107 que ten agora mesmo. "Nós o que imos facer para conseguilo", explica, "é seguir apostando por ese servizo de atención á infancia, polos programas de conciliación, por exemplo cos campamentos de verán e de nadal, e demais".

O obxectivo é ofrecer recursos aos veciños do concello, pero tamén a familias que doutros lugares, para que atopen en Trabada unha alternativa de vida "tranquila, e cos mesmos servizos que nas cidades". "Eu se tiven que saír fóra foi porque non me quedou máis remedio", di García, "pero sempre tiven claro que era aquí onde quería facer a miña vida". Por iso considera importante que os máis novos teñan agora oportunidades para facelo.

 
  • Cadena SER

  •  
Programación
Cadena SER

Hoy por Hoy

Àngels Barceló

Comparte

Compartir desde el minuto: 00:00