M. Teresa Joga: "Os retos do sector agrogandeiro na Limia mantéñense despois dunha década"
A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia pasou polos micrófonos de Radio Limia
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a María Teresa Joga, presidenta ADEGAL
Xinzo de Limia
A presidenta da Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia (ADEGAL), María Teresa Joga, pasou polos micrófonos de Radio Limia Cadena SER no que falou sobre as previsións que existen en relación á colleita de inverno. Unha previsión perxudicada pola meteoroloxía na que "hai que plantearse volver a sementar o trigo de ciclo máis curto, o que provoca unha resementación con encarecemento dos custes de produción".
Precisamente, ao ser unha comarca sensible aos cambios meteorolóxicos polo que supoñen na produción, lembra que están dispoñibles as axudas para os seguros agrarios que "sempre poden axudar a paliar as perdas do sector".
Ademais, preguntamos a María Teresa Joga polo estado do proxecto de regadío que, estes días, foi obxecto de declaracións cruzadas entre a Consellería de Medio Rural y el Partido Socialista. Para Joga os distintos criterios e a proximidade das eleccións supón un escenario propicio para o intercambio de declaracións, mais pide a ambas administracións que se senten a falar porque "falamos dunha obra con custes importantes e ata agora ningunha administración nos dixo cal era o custe real de toda esa obra e os agricultores están preocupados porque, segundo o custe, o que teñan que achegar dende o seu peto varía".
En relación aos retos do sector agrogandeiro, Joga afirma que se manteñen dende que comezou a ser presidenta de ADEGAL no 2013 "os políticos prometen pero a Limia segue agardando".




