Belén Vázquez: "A maior parte das visitas ás mulleres que acaban de ser nais non axudan nin apoian"
A matrona do Hospital de Verín e doutora en Psicoloxía reflexiona sobre a saúde mental no embarazo e posparto
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
Entrevista a Belén Váquez, matrona en Verín e doutora en Psicoloxía
Verín
Aproveitando que recentemente foi o Día Mundial de Loita contra a Depresión entrevistamos á doutora en Psicoloxía e matrona no Hospital de Verín, Belén Vázquez. Vázquez cóntanos que a saúde mental materna é pouco visible "a depresión e ansiedade son as patoloxías mentais máis dominantes en embarazo e posparto". E aínda que a depresión posparto soa cada vez máis, "xa cando hai o desexo de embarazo pode aparecer. Sobre todo en familias que buscan o embarazo a través de técnicas de reprodución asistida, pois son procesos con moita carga psicolóxica e, na muller, tamén física".
Descubre la nueva app de Cadena SER Te ofrecemos una mejor experiencia de audio y video
DescargarA maternidade semella que ten que ser ideal e, por tanto, o silencio acaba por ser a nota común tendo en conta, ademais, que socialmente a resposta que atopan é "muller, non digas tonterías". A presión tamén a padecen nos hospitais e Vázquez ten constancia disto "ás veces somos mulleres nais as que non saímos do hospital e estamos dando sempre mensaxes negativas. A muller necesita recollimento neses momentos nos que está física e psiquicamente agotada. Culturalmente temos esa manía de invadir o hospital". Por iso, e porque as mensaxes adoitan ser negativas, considera que as visitas deberían reducirse a un único acompañante. "A maior parte das visitas ás mulleres que acaban de ser nais non axudan nin apoian". Unha forma de apoiar é facer tarefas que faciliten a vida a esas familias.
Tamén falamos con Belén Vázquez da media de nacementos perante a que se amosa pesimista. Ademais, "cada vez hai máis patoloxías asociadas ao embarazo" ao elevarse a idade media. Neste sentido, Vázquez apela a acción institucional para que sexa posible ter fillos cando unha persoa o desexa.




