Directo Sigue en directo las nominaciones a los premios de la Asociación de la Prensa extranjera en Hollywood

Sociedad

Belén Vázquez: "A maior parte das visitas ás mulleres que acaban de ser nais non axudan nin apoian"

A matrona do Hospital de Verín e doutora en Psicoloxía reflexiona sobre a saúde mental no embarazo e posparto

Entrevista a Belén Váquez, matrona en Verín e doutora en Psicoloxía

Verín

Aproveitando que recentemente foi o Día Mundial de Loita contra a Depresión entrevistamos á doutora en Psicoloxía e matrona no Hospital de Verín, Belén Vázquez. Vázquez cóntanos que a saúde mental materna é pouco visible "a depresión e ansiedade son as patoloxías mentais máis dominantes en embarazo e posparto". E aínda que a depresión posparto soa cada vez máis, "xa cando hai o desexo de embarazo pode aparecer. Sobre todo en familias que buscan o embarazo a través de técnicas de reprodución asistida, pois son procesos con moita carga psicolóxica e, na muller, tamén física".

A maternidade semella que ten que ser ideal e, por tanto, o silencio acaba por ser a nota común tendo en conta, ademais, que socialmente a resposta que atopan é "muller, non digas tonterías". A presión tamén a padecen nos hospitais e Vázquez ten constancia disto "ás veces somos mulleres nais as que non saímos do hospital e estamos dando sempre mensaxes negativas. A muller necesita recollimento neses momentos nos que está física e psiquicamente agotada. Culturalmente temos esa manía de invadir o hospital". Por iso, e porque as mensaxes adoitan ser negativas, considera que as visitas deberían reducirse a un único acompañante. "A maior parte das visitas ás mulleres que acaban de ser nais non axudan nin apoian". Unha forma de apoiar é facer tarefas que faciliten a vida a esas familias.

Tamén falamos con Belén Vázquez da media de nacementos perante a que se amosa pesimista. Ademais, "cada vez hai máis patoloxías asociadas ao embarazo" ao elevarse a idade media. Neste sentido, Vázquez apela a acción institucional para que sexa posible ter fillos cando unha persoa o desexa.