'A Cociña', o proxecto pioneiro do cine-teatro que se presenta en Antas de Ulla
Patricia Coucheiro dirixe a proposta que pon en escea a 27 persoas á vez, e que o domingo terá unha sesión "irrepetible"
'A Cociña', proxecto pioneiro do cine-teatro, estréase en Antas de Ulla
11:20
Compartir
El código iframe se ha copiado en el portapapeles
<iframe src="https://cadenaser.com/embed/audio/460/1706536593682/" width="100%" height="360" frameborder="0" allowfullscreen></iframe>
Lugo
O cine-teatro é un xénero moi pouco traballado en Galicia. Por iso para o Grupo de Teatro de Antas de Ulla a idea que lles puxo enriba da mesa Patricia Coucheiro foi toda unha aventura. A súa proposta era rodar nunha fin de semana unha adaptación de 'A Cociña', unha obra teatral escrita en 1957, cun elenco de preto de trinta personaxes.
"A obra tíñaa na cabeza dende os dezaoito anos, apaixonábame, pero parecíame imposible xuntar a tantas persoas para facela", explica a directora. É unha obra teatral que firma Arnold Wesker e que denuncia a deshuminización das condicións laborais nese momento, "un traballo moi potente a nivel do discurso".
Patricia Coucheiro atopou no cine-teatro a estratexia adecuada para levar a idea a cabo, e na implicación do grupo de teatro de Antas de Ulla o elenco necesario. O resultado é unha peza cinematográfica que se vai proxectar na Casa da Cultura de Antas de Ulla este domingo ás seis da tarde.
"Esta é unha semana emocionante porque este domingo por fin presentamos o resultado", explica Coucheiro. Engade ademais que vai ser unha sesión "irrepetible". Non desvela por que para non estropear a experiencia dos espectadores, pero apunta que "vai pasar algo que non vai volver suceder nunca máis".
Que é o cine-teatro?
Non é habitual ver propostas culturais relacionadas con este xénero, e aínda menos nun municipio de pouco más de mil habitantes. Coucheiro explica as particularidades do formato: "É cine, porque é un produto cinematográfico, pero que está cheo de características do eido audiovisual".
O teatro está na base do cine, pero foi evolucionando e desenvolvendo unha linguaxe propia. No caso do cine-teatro o produto final é audiovisual, pero entre esas características propias están, por exemplo, "a ausencia case total de montaxe, trabállase máis ben con planos secuencia" ou "que toda a acción se desenvolve nun único escenario".
Rodaxe intensiva
Para este proxecto Patricia Coucheiro adaptou o texto de Wesker para que tivese lugar só nunha localización, que foi neste caso a cociña do colexio de Antas. Ese foi o escenario no que xuntou aos actores e actrices que se uniron á inciativa durante a fin de semana de na que se concentrou toda a rodaxe.
"Foi unha convivencia intensiva a de pasar dous días enteiros nunha cociña industria de catro metros por oito no que se xuntaban vinte e sete persoas", explica. Foi complexo sacar o proxecto adiante pola súa envergadura, pero resultou determinante "a combinación etupenda que se deu entre un equipo humano que foi inmellorable".
Coucheiro destaca ademais a colaboración de "Naila Rodsuá na maquillaxe, Zoe Iriarte na iluminación e Xabier Mailán, que se fixo cargo da cinematografía". Sinala que entre todos conseguiron "facer realidade algo que a min me parecía imposible".
Está convencida de que a experiencia deixou pegada nos participantes do proxecto, algo que eles corroboran. Os actores e as actrices que estiveron na rodaxe destacan tamén o especial que foi participar nun proxecto que consideran moi orixinal, e que, ao seu parecer, non vai deixar indiferente a ninguén.