Xa temos a programación do Entroido 2024 de Ribadavia
Os compadres arrancan este xoves e a partires de ahí ...
Ribadavia
O Concello de Ribadavia e os que colaboran na organización acaban de pechar o programa do Entroido desde ano. O Xoves de Compadres será o primero dos actos a partires das 8 da tarde, sairán este xoves día 1 do Instituto ca Charanga Bandiños Band, coa organización de Compadres do Ribeiro.
O martes 6 de febreiro e o mércores 7 haberá un obradoiro de máscaras, na Casa da Cultura, as 6 da tarde. Más información e inscrición no correo omix.ribadavia@gmail.com. O xoves 8 haberá comparsa e charanga dos alumnos do Conservatorio Profesional e Escola Municipal de Música Ribadavia, a partires das 4 e media da tarde, desde a Casa da Cultura e percorrendo as rúas de Ribadavia ata rematar na Praza Maior.
O venres 9 destaca o desfile do centro educativo Galiña Azul, as 10 e media da mañá e dos outros centros educativos da vila. Xa pola noite festa das Comadres, organiza Comadres do Ribeiro, a xuntanza será na Madalena ás 8 e media da tarde.
O domingo, día 11 : Desfile de Entroido de Comparsas, Charangas e Carrozas, desde o Instituto ata a Praza Maior, pola tarde, as 5. Consultar as bases para participar no desfile en: www.ribadavia.gal
Xa de cara ao luns 12 haberá unha Festa de Disfraces Infantil con DJ Tibu, no Club Artístico, as 5 da tarde, coa organización do Club Artístico e asemade baile de Máscaras con Disco Móvil MVP pola noite a partires das 10 e media na rúa Progeso.
O xantar popular será o martes 13 , a partir das 2 e media da tarde na Alameda, coa charanga Louband. A venda de entradas na Casa da Cultura, cun prezo de 20 € para os adultos e de 10 para nenos, ata os 10 anos. Ese mesmo día será a Festa e concurso de disfraces, na Alameda a partires das 6. Consultar as bases para participar no concurso en: www.ribadavia.gal
Pechará todo este medio mes de festa o enterro da Sardiña. Dende o lugar de sempre á hora de sempre, organizan os Amigos do enterro Xeniño Larpeiro Preñón.